Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

Magosto no CEP Altamira

Xa estamos co Magosto no CEP Altamira. Este ano adicamos especialmente estes días á vendima. Temos unha exposición de aparellos tradicionais na entrada do colexio que vos sorprenderá! a cal agradecemos a todos. Poderedes disfrutar dela os vindeiros luns 29 e martes 30, en horario de 13.45 a 14.30. O terceiro ciclo ademais está a traballar duramente facendo cantidade de uvas, vides e parras polos corredores e rincóns do ciclo, acompañados duns excelentes debuxos das distintas etapas da vendima. O remate será o mércores 31, co magosto que sairemos celebrar e disfrutar, se o tempo o permite.

OS NOSOS TRABALLOS

 Bos días a todos. Somos os alumnos/as do 3º ciclo e para estrenar este blog gustarianos compartir con vós os nosos traballos do obradoiro de blog do curso pasado. Neles poderes ver moitas das nosas actividades: saídas, o traballo noutros obradoiros, redaccións, etc. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN! UN DÍA RADIOFÓNICO Aroa García González, Estela González Rodríguez, Sthephanie Marta Núñez Álvarez, Patricia Rey Conde, Sheila Fernández Álvarez. UNHA CLASE MOI BOA O primeiro que facemos en Educación Física é quentar cun xogo rápido, como a pita. Despois estiramos os brazos, as pernas... (todo o corpo) mediante un quencemento dirixido por un compañeiro ou compañeira. Cando rematamos, a nosa profesora, Ana, explícanos as instruccións do xogo que imos practicar. Estos días xogamos con nenos de diferentes cursos a xogos que se practican en diferentes lugares. É moi divertido! Cando acabamos de xogar imos aos vestiarios e duchámonos ou aseámonos. Así transcurre a nosa clase de Educaci