Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

Visita á lonxa

O pasado luns, 11 de maio, os alumnos de 5ºB e 5ºD, levaron a cabo a última fase do programa "O sabor da aventura está no mar", que consistiu na visita á lonxa de Vigo, visita a Anfaco, conserveira e degustación de produtos do mar. Na lonxa, as dúas monitoras que levabamos do programa explicáronos moitas cousas sobre os distintos tipos de pesca. Visitamos as instalacións, onde tivemos que aguantar o intenso olor a amoníaco. Vimos sobre todo peixes espada. Tamén un águia que teñen para que as gaivotas non estropeen o pescado. Dalí fomos á cetárea, onde veredes nas fotos magníficos exemplares. Rematamos e ata Anfaco. Aprendimos cousas e nos regalaron unhas conservas de atún a cada un. X para rematar, voltamos ao porto onde nos tiñan preparado un menú con produtos do mar. Estaba boísimo!!!

O sabor da aventura está no mar

Dentro do programa "O sabor da aventura está no mar" os alumnos de 5º tivemos unha sesión de teatro e xogos moi divertida na que continuamos a aprender do mar e os peixes.

Saída O Grove 5ºA

Dentro das actividades que estamos a realizar "O sabor da aventura está no mar" nos ofreceron unha especial no Grove, para pasar o día. Por sorteo, tocoulle aos alumnos de 5ºA. Así que o pasado venres 24 de abril foi o día. Pois a chover toda a mañá, e desexando que pola zona do Grove non fora así. E algunha sorte tivemos, non caeu unha gota inda que o sol tampouco o atopamos.