O pasado luns, 11 de maio, os alumnos de 5ºB e 5ºD, levaron a cabo a última fase do programa "O sabor da aventura está no mar", que consistiu na visita á lonxa de Vigo, visita a Anfaco, conserveira e degustación de produtos do mar. Na lonxa, as dúas monitoras que levabamos do programa explicáronos moitas cousas sobre os distintos tipos de pesca. Visitamos as instalacións, onde tivemos que aguantar o intenso olor a amoníaco. Vimos sobre todo peixes espada. Tamén un águia que teñen para que as gaivotas non estropeen o pescado. Dalí fomos á cetárea, onde veredes nas fotos magníficos exemplares. Rematamos e ata Anfaco. Aprendimos cousas e nos regalaron unhas conservas de atún a cada un. X para rematar, voltamos ao porto onde nos tiñan preparado un menú con produtos do mar. Estaba boísimo!!!
Este é "O RECUNCHO CREATIVO DO 3º CICLO". Esperamos que nos visitedes e que gocedes coas nosas publicacións.