Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

Ciencias na rúa

 Hoxe o alumnado do 3º ciclo asistieron a unha exhibición de experimentos sobre Ciencias realizados polo alumnado do IES Pedras Rubias e a Asociación ASPAVI.

OBRADOIRO DE PANDEIRETA E DANZA

  O 23 de maio, o CEP Altamira participou nas foliadas galego- portuguesas organizadas por Ponte nas Ondas en Santiago. O alumnado de 5º  dos obradoiros de pandeireta e baile galego asistiu a esta xornada de convivencia con 15 colexios máis. Foi unha experiencia marabillosa! Esperamos voltar!

CROSS ESCOLAR

  Aquí están as fotos do CROSS ESCOLAR. Parabéns a todos e todas as participantes polo esforzo!

Charla Monte é vida

  O alumnado do 3º ciclo asistiu a charla Monte é vida. Os axentes forestais explicaron a importancia dos montes e a prevención dos incendios.

CAXOTO CONTACONTOS

  Polo día das letras galegas contamos con Caxoto, un contacontos que nos contou historias, co que cantamos cancións e ata nos fixo bailar coa súa música! 

FESTIVAL DAS LETRAS

Festival Letras Galegas 25     Velaquí están as fotos do festival das letras realizado no auditorio de Salceda. Que ben o pasamos bailando! 

Experimentos en 5ºB

 O alumnado de 5ºB está a realizar unha serie de experimentos para traballar a ciencia na aula dunha forma máis lúdica e entendendo os cambios dunha maneira máis sinxela de comprender. Que ben o pasamos! 

Rancho de Reis 25

   Para conmemorar a semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa visita do Rancho de Reis.