O mércores 8 de maio todos 'os quintos' fumos a Santiago de Compostela a visitar unha gran exposición de proxectos contemporáneos chamada INNOVA, situada na cidade da cultura. Pola tarde visitamos a catedral e os seus arredores. Un día inesquecible!
O alumnado de quinto curso fomos a Macoca en Tui e conseguimos clasificarnos para o Campionato Provincial de Atletismo que se celebrará proximamente en Pontevedra, xenial!
Na nosa visita á garda aprendemos, entre outras cousas, a diferenciar as redes segundo a pesca á que se van adicar. Logo fixemos unha visita á lonxa, onde acababan de chegar os ourizos, um! E para rematar, comemos albóndigas de distintas especies mariñas, pizza de mexillón, calamares e berberechos; non quedou nin un anaco!
O alumnado de quinto fomos á fábrica de pedra Granichán, en Salvaterra. Había granito da nosa terra, pero tamén exemplares que chegaban dende Sudáfrica, India, Sudamérica....Tamén máquinas e robots incribles, e a nosa guía era fantástica!