Saltar ao contido principal

Publicacións

Charla: Monte é vida

 O día 24 e 25 de marzo o alumnado de 5º e 6º nivel asistiron a unha charla sobre a protección do noso monte. Foi moi interesante e educativo. Gracias aos axentes medioambientais pola charla.  

Día internacional da Muller

    O alumnado do 3º ciclo asistimos a conmemoración organizado polo Concello para o Día Internacional da Muller. O nosos alumnado realizou un manifesto que foi lido dianta de tod@s. 

Entroido 2022

   Xa chegou o Entroido ao CEP Altamira. Como todos os anos, os disfraces do nosos ciclo van en consonancia co tema elexido na biblioteca. Este curso son "Personaxes mitolóxicos". O 5º nivel van de Mouras e o 6º nivel de Dragóns.

FINALISTAS DO CONCURSO DE CIBERSEGURIDADE

   Este curso escolar os rapaces e rapaces de 6º participaron nunha certame na que entraban en liza colexios de toda Galicia. Pois adiviñade quenes quedaron primeiros na fase de clasificación para a final... Moi ben! Certastes... Fomos nos!    Así que mandamos a Santiago de Compostela ós nosos representantes e os escoltamos tod@s @s compañeir@s para darlles o apoio que se merecían.

Nadal 2021

    O alumnado de 5º e 6º nivel, e o Obradoiro de danza preparou uns videos para celebrar o Nadal xa que polas circunstancias non podemos realizar o tradicional Festival de Nadal.  Os desexamos que pasedes unhas FELICES FESTAS!

Xa estamos de volta!

    Xa estamos de novo no CEP Altamira nun novo curso escolar que esperemos que sexa moi diferente aos últimos cursos. Benvidos a tod@s ao curso escolar 2021/2022!