Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

EXCURSIÓN DE 6º A ILLA DE SAN SIMÓN!!!!

Os nosos alumnos de 6º curso realizaron unha excursión a Illa de San Simón, situada na ría de Vigo máis concretamente en Redondela. Colleron o barco no porto de Vigo e dende alí desprazáronse ata a Illa. Na viaxe en barco, contaron cun guía que lles explicou o que estaban a ver en cada momento como a Ponte de Rande, as bateas...Chegados a illa, contamos coa colaboración dunhas guías que nos explicaron a historia da Illa mentras visitamos todos os seus recunchos cheos de historia.                                         As vistas da nosa ría dende o autobús. O chegar o porto de Vigo, atopámonos coa visita dun Cruceiro. Xa estamos no noso barco!!!!!.                                             Dende o barco podíamos observar  as obras da Ponte de Rande .Grazas pola explicación!!!!.  Tamén puidemos ver onde se cargaban os barcos de volframio e ferro. Xa chegamos a Illa de San Simón!!!!.

XA TEMOS ROCÓDROMO!!!

Queda inagurado o rocódromo do CEP ALTAMIRA!!!!. RECORDADE...utilizarase en Educación Física en presenza do mestre.

OS NOSOS ALUMNOS DE 5º NO OBRADOIRO DE COCIÑA!!!

Os nosos alumnos de 5º elaboraron un prato chamado arañas recheas cunha receita realizada no obradoiro de cociña.